O CITIC acollerá o II Congreso XoveTIC os días 5 e 6 de setembro

15/04/2019 - CITIC

O II Congreso XoveTIC celebrarase os días 5 e 6 de setembro no CITIC. O evento está destinado a mozos investigadores (predoutorais e posdoutorais) de universidades galegas e do norte de Portugal, que poderán presentar comunicacións orais ou pósteres das súas investigación no ámbito das TIC. O obxectivo do evento é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuir así á súa formación.

Como novidade nesta edición, o Congreso XoveTIC está integrado na 27ª Conferencia Europea de Procesamento de Sinais (EUSIPCO 2019). Ademais, contará con relatores, investigadores e persoeiros pertencentes ao ámbito da industria de relevancia internacional.

O Congreso é de inscrición gratuíta e xa está aberto o prazo para a recepción dos abstracts.

Máis información