Amparo Alonso, relatora no “Foro Inteligencia en constante evolución” organizado pola Fundación Pfizer

11/06/2019 - CITIC

A investigadora do CITIC, catedrática de Computación e IA da UDC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso, participará no “Foro Inteligencia en constante evolución” que terá lugar o próximo 13 de xuño ás 19:00 h no Museo Domus da Coruña. Este acto englóbase nunha serie de cinco encontros en torno á evolución da sociedade, a creatividade, a tecnoloxía, a ciencia e a intelixencia, que organiza a Fundación Pfizer con motivo do seu vixésimo aniversario.

A intervención de Amparo Alonso centrarase en quen nos axudarán a comprender o pasado, presente e futuro da intelixencia humana e como a Intelixencia Artificial contribuirá á súa evolución.

O evento estará moderado polo recoñecido xornalista e escritor David Canteiro. Tamén participará no evento Ignacio Martínez Mendizábal, paleontólogo no xacemento de Atapuerca e experto na evolución humana, cuxa conferencia versará sobre os cambios e evolución que experimentará a intelixencia humana desde os primeiros homínidos ata a actualidade, para culminar na aparición da intelixencia artificial como evolución da propia natureza humana.