castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

MADS

MADS

MADS é o acrónimo de Modelos e Aplicacións de Sistemas Distribuídos, un grupo de investigación dentro do Departamento de Computación daUniversidade da A Coruña (UDC). Os membros de MADS desenvolven as súas actividades docentes e de investigación sobre Sistemas Distribuídos de Alta Dispoñibilidade, contidos multimedia para o Fogar Dixital e servizos e aplicacións sobre redes IPTV, dende servizos en cabeceira vinculados coa transmisión de vídeo dixital ate sistemas software en terminais de usuario e no fogar

A investigación do grupo nos últimos anos centrouse en:

  • Deseño de sistemas distribuídos de alta dispoñibilidade
  • Distribución de contidos multimedia de alta definición para o Fogar Dixital.
    • Sistemas sobre Vídeo baixo Demanda (VoD)
    • Síntese masiva de canles de TV interactiva
    • Plataformas para a prestación de servizos a través da Televisión Dixital
  • Servizos sobre Redes IPTV
  • Streaming multimedia de alto rendemento
  • Programación funcional
  • Accesibilidade en Web
  • Deseño, construción, validación e verificación de sistemas distribuídos complexos
    • Sistema para a Xestión de Riscos a través de Programación Funcional Distribuída
  • Xestión de probas en desenvolvemento de Software
    • Validación e testeo software; Testing

MADS conta cunha ampla experiencia en colaboracións co sector privado e administracións públicas e presentouse con éxito a numerosas convocatorias de proxectos públicos en colaboración con importantes empresas do sector. Dada a natureza das súas liñas de investigación, os resultados do traballo do grupo obteñen unha gran acollida en entidades privadas para incorporalos aos seus proxectos de I+D+i.

Investigador PrincipalDavid Cabrero Souto

<< ver todoshttp://www.grupomads.org/web/visitar web

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

Proxectos I+D

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

FUNDACIÓN

CONTACTO