SCIENTIFIC ADVISORY BOARD (SAB)


O Scientific Advisory Board (SAB) é un órgano consultivo externo formado por científicos de especial relevancia a nivel internacional nas principais áreas de coñecemento do CITIC. Designado polo Comité de Dirección co asesoramento do Comité Científico, o seu principal obxectivo é o de proporcionar asesoramento na avaliación dos programas de investigación do centro, as súas políticas científicas e o seu progreso no medio plazo.

 

Antonio Bahamonde Rionda


Catedrático da Universidade de Oviedo da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. A súa actividade investigadora centrouse na aprendizaxe automática. Ha ocupado diversos cargos de gestión en asociaciones científicas y ha sido presidente de la Asociación Españóla para la Inteligencia Artificial (AEPIA). Actualmente é vicepresidente da Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e coordinador da ANEP da área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática.

Aurelio Campilho


Profesor do departamento de Enxeñería Electrónica e Informática da Universidade de Oporto e coordinador do Centro de Investigación en Enxeñería Biomédica (C-VER) do Instituto de Sistemas e Enxeñería de Computación, Tecnoloxía e Ciencia (INESC TEC). As súas liñas de investigación céntranse nas áreas de enxeñería biomédica, análise de imaxes médicas, así como o procesamento de imaxes e visión computarizada. É presidente do ICIAR (International Conference on Images Analysis and Recognition).

Asunción Gómez Pérez


Vicerreitora de Investigación, Innovación e Doutoramento e catedrática da Universidade Politécnica de Madrid. Entre as súas áreas de investigación inclúense a enxeñería ontológica, a web semántica, os datos enlazados, o multilingüismo en datos e a xestión do coñecemento.

Nuria Oliver


Enxeñeira de telecomunicacións e doutora polo Media Lab do MIT (Massachusetts Institute of Technology). É directora de investigación en Ciencia de Datos en Vodafone, Chief Data Scientist en Data Pop Alliance, IEEE Fellow, ACM Fellow e académica numeraria da Real Academia de Enxeñería de España. As súas investigacións céntranse en modelos computacionales de comportamento humano, intelixencia artificial, informática móbil e big data.

Petia Radeva


Experta no campo do procesado de imaxe e intelixencia artificial. Actualmente é coordinadora do Laboratorio de Computación Percepcional (BCNPCL) da Universidade de Barcelona e Directora do Laboratorio de Imaxe Médica (MILab) do Centro de Visión Computacional

Javier Rodríguez Fonollosa


Enxeñeiro de telecomunicacións e profesor da Universidade Politécnica de Cataluña. Foi o coordinador do Consolider-Ingenio 2010 COMONSENS, no que participaron máis de 135 investigadores pertencentes a 10 universidades. Desde 2010 ata 2014 coordinou a área de Tecnoloxías Electrónicas e da Comunicación do Plan Nacional de Investigación do MINECO.

Francisco Tirado Fernández


Catedrático de Arquitectura e Tecnoloxías de Computadores no departamento de Arquitectura de Computadores e Automática da Universidade Complutense de Madrid.

Entre os cargos que desempeñou destacan: coordinador da ANEP e xestor del Plan Nacional de I+D, vicerreitor de Investigación e director do Centro de Supercomputación da Universidad Complutense de Madrid e director do Parque Científico de Madrid (vivero de empresas EBT).

Miguel Toro Bonilla


Catedrático do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Sevilla. Foi director da Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigación (OTRI) da Universidade de Sevilla e desempeñou o cargo de director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Empresa da Junta de Andalucía.