POLÍTICA DE XESTIÓN DA CALIDADE E I+D+I


Aliñados coa Política de Calidade da UDC, implementamos un Sistema de Xestión da Calidade e I+D+i conforme ás normas ISO 9001:2008: Sistema de Xestión da Calidade e UNE-EN ISO 166002:2014: Sistema de Xestión da Calidade.

 

Así mesmo, aplicamos metodoloxías inclusivas e participativas en todas as etapas da actividade investigadora realizada no CITIC.

UNE-EN ISO 166002:2014: Sistema de xestión de I+D+i. Identifica os criterios para alcanzar a excelencia na xestión da I+D+i, transferencia da investigación, cultura innovadora, a vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva.

ISO 9001:2008: Sistema de xestión da calidade. Proporciona directrices de xestión eficaz e mellora continua das actividades propias do Centro, a xestión da I+D+i, os procesos e servizos ou o control da satisfacción de expectativas.

Plan de xénero: Ao CITIC como centro de investigación da UDC aplícaselle o I Plan de igualdade entre mulleres e homes da UDC (I PIMH).

Responsible Research and Innovation (RRI): Todos os actores da comunidade CITIC comprometense a utilizar metodoloxías inclusivas e participativas en todas as etapas dos procesos de investigación e innovación.

Comité de Ética de la Investigación y la Docencia: Os aspectos éticos relacionados coas actividades de investigación desenvolvidas no centro contan co apoio e asesoramento do Comité de Ética da Investigación e a Docencia da UDC.