MISIÓN, VISIÓN E OBXECTIVOS


MISIÓN

A FCITICG ten como misión transferir os resultados da investigación xerados polos diferentes proxectos de I+D+i que xestiona ao tecido produtivo de Galicia e por extensión á súa sociedade.

VISIÓN

A FCITICG aspira a ser unha institución de referencia que sirva de instrumento para conectar as capacidades das principais entidades públicas e privadas do sector TIC galego, establecendo relacións permanentes en I+D+i entre os seus membros.

OBXECTIVOS

· Fomento da excelencia na investigación.
· Transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial e á sociedade.
· Produción, promoción e divulgación do coñecemento.
· Formación de persoal experto.