HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers) 


Co obxectivo de atraer o mellor talento investigador, o CITIC aliña as súas políticas de recursos humanos co HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers), recoñecemento conseguido pola UDC en xuño do 2017.

A través deste recoñecemento e da súa adhesión á Carta europea de investigadores e ao Código de conduta para a contratación de investigadores, destácase o compromiso de implementar procedementos transparentes de contratación e avaliación dos seus investigadores, tomar responsabilidade en aspectos éticos e profesionais, nas condicións de traballo e por último, na formación e o desenvolvemento da súa carreira, todo iso coa finalidade de facer máis atractiva a súa carreira investigadora.

Como mostra da contribución do CITIC ao plan de acción do HRS4R, o noso Director forma parte dos delegados para o HRS4R.