COMITÉ DE DIRECCIÓN


É o órgano colexiado e executivo do CITIC encargado de deliberar e acordar decisións sobre o funcionamento do centro en materia de política científica, estratexia, investigación, transferencia e infraestruturas, entre outras. Está formado por el secretario xeral de Universidades de la Xunta de la Galicia, el vicerrector del Política Científica, Investigación y Transferencia de la UDC, el director y el subdirector del CITIC, un miembro del personal de gestión del centro y cinco investigadores permanentes del CITIC.

 

Salvador Naya Fernández

Presidente do Comité de Dirección


Vicerreitor del Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC. É catedrático da área de Estatística e Investigación Operativa da UDC e membro do grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES). Na actualidade, como vicerreitor, é presidente da Fundación CITIC de Galicia, de Bugalicia e do Instituto de Matemática Industrial (ITMATI).

Manuel F. González Penedo

Vicepresidente do Comité de Dirección


Director do CITIC e titular da universidade da área de Ciencia da Computacion e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinador do grupo de investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns (VARPA). Así mesmo, forma parte do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), onde é responsable das áreas de Procesamento de Imaxe e Ví­deo. 

Javier Pereira Loureiro

Secretario del Comité de Dirección


Subdirector do CITIC e titular de universidade da área de Radioloxí­a e Medicina Fí­sica da UDC. Docente e investigador no ámbito da informática médica e a tecnoloxí­a aplicada á discapacidade. É coordinador do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC  e director da Cátedra de empresa Handytronic Grupo Telecon-UDC.  

José Alberto Díez de Castro

Vogal do Comité de Dirección


Actual secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia. Profesor titular de universidade da área de Organización de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC no campus de Lugo.

Pedro Cabalar Fernández

Vogal do Comité de Dirección


Titular de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC. Pertence ao grupo de investigación Information Retrieval Lab (IRLAB). As súas liñas de investigación céntranse na intelixencia artificial, representación do coñecemento, lóxica, razoamento non monótono, a programación lóxica e a programación de conxuntos de respostas (answer set programming).

Mª José Lombardía Cortiña

Vogal do Comité de Dirección


Titular de universidade da área de Estatística e Investigación Operativa  e responsable de Análise e Xestión de Datos da UDC. Pertence ao grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES). As súas líñas de investigación céntranse na estimación en áreas pequenas, a estimación con modelos mixtos, a mostraxe en poboacións finitas e os métodos de remostraxe de bootstrap.

José Carlos Dafonte Vázquez

Vogal do Comité de Dirección

Titular de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinador do grupo de investigación Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2). As súas investigacións céntranse nos ámbito da intelixencia artificial aplicada.

Íñigo Arregui Álvarez

Vogal do Comité de Dirección


Titular de universidade da área de Matemática Aplicada da UDC e membro do grupo de investigación Modelos e Métodos Numérico en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (M2NICA). As súas investigacións se céntranse na análise de métodos matemáticos e simulación nulmérica, principalmente no ámbito das finanzas.

Juan Touriño Domínguez

Vogal do Comité de Dirección


Catedrático de universidade da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadoras da UDC. É coordinador do Grupo de Arquitectura de Computadoras (GAC). A súas liñas de investigación abranguen a computación de altas prestacións, a computación paralela e distribuída, a computación na nube (cloud computing) e big data e os sistemas de información xeográfica.