COMITÉ CIENTÍFICO


É un órgano consultivo designado polo Comité de Dirección e formado por varios investigadores permanentes de probada excelencia investigadora. O seu obxectivo é asesorar en materia de investigación e asegurar a calidade científica do CITIC.

 

Manuel F. González Penedo

Presidente do Comité Cientifico


Director do CITIC e catedrático de universidade da área de Ciencia da Computacion e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinador do Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns (VARPA). Así mesmo, forma parte do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), onde é responsable das áreas de Procesamento de Imaxe e Ví­deo.

Javier Pereira Loureiro

Subdirector do Comité Cientí­fico


Subdirector do CITIC e titular de universidade da área de Radioloxí­a e Medicina Fí­sica da UDC. Docente e investigador no ámbito da informática médica e a tecnoloxí­a aplicada á discapacidade. É coordinador do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC  e director da Cátedra de empresa Handytronic Grupo Telecon-UDC.

Amparo Alonso Betanzos

Vogal do Comité Cientí­fico


Catedrática de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) e presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial (AEPIA). 

Nieves Rodríguez Brisaboa

Vogal do Comité Cientí­fico


Catedrática de universidade da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UDC. É coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD). Desenvolve a súa actividade de investigación sobre estruturas de datos compactas e algoritmos, recuperación de textos, procesamento de secuencias e deseño de sistemas de información. Á súa experiencia como docente e investigadora cómpre engadir a relacionada coa xestión universitaria en distintos cargos da UDC.

Adriana Dapena Janeiro

Vogal do Comité Cientí­fico


Catedrática de universidade na Área de Teoría do Sinal e Comunicacións da UDC. Membro do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) da UDC. As súas liñas de investigación comprenden o prototipado hardware e o desenvolvemento de algoritmos para distintos ámbitos: interfaces home-máquina, sistemas de control intelixente de tráfico, vehículos non tripulados, internet das cousas, entre outras. 

Susana Ladra González

Vogal do Comité Científico


Titular de universidade da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos (UDC), e directora do Campus Innova da UDC. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD) da UDC. As súas liñas de investigación céntranse en compresión de datos, estruturas de datos, análise de algoritmos, algoritmos e estruturas de datos para bioinformática, bases de datos, minería de datos e recuperación de información.

Ricardo Cao Abad

Vogal do Comité Científico


Catedrático de universidade da área de Estadística e Investigación Operativa da UDC. É coordinador do grupo Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES). As súas liñas de investigación comprenden a estadí­stica non paramétrica, o bootstrap, a análise de supervivencia, a análise de datos funcionais, a análise estadística de datos de gran volume (big data), a análise de datos dependentes, a verosimilitude empí­rica e a modelización estadística en ciencia dos materiais, en risco de crédito, en xenómica, en neurociencia e en malherboloxía. 

Luis Castedo Ribas

Vogal do Comité Cientí­fico


Catedrático da área de Teoría do Sinal e Comunicacións da UDC. Coordinador do Grupo de Tecnoloxí­a Electrónica e Comunicacións (GTEC) da UDC. A súa experiencia investigadora céntrase nas áreas do procesamento do sinal e a teoría da información en sistemas de comunicacións sen fíos; así como da prototipaxe de equipos terminais de comunicacións sen fíos.

José Carlos Dafonte Vazquez

Vogal do Comité Científico


Titular de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinador do grupo de investigación Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2). As súas investigacións céntranse nos ámbitos da intelixencia artificial aplicada.

Ramón Doallo Biempica

Vogal do Comité Cientí­fico


Catedrático da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadoras da UDC. Pertence ao Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC). A súa experiencia investigadora céntrase nas áreas de  da arquitectura de computadoras, a supercomputación, a computación paralela e distribuída, a computación na nube (cloud computing), o procesamento de big data e os sistemas de información xeográfica.

Richard José Duro Fernández 

Vogal do Comité Científico


Catedrático de universidade na Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC. Pertence ao grupo de investigación Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) do que é coordinador. A súa investigación está relacionada coa robótica, en especial a robótica cognitiva, e coa aplicación da intelixencia artificial e a robótica en distintos ámbitos industriais.

Marcos Ortega Hortas

Vogal do Comité Científico


Titular de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e membro do grupo de investigación Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns (VARPA). As súas investigacións céntranse na visión dinámica, o procesamento de imaxes médicas e a informática médica.

Carlos Vázquez Cendón

Vogal do Comité Cientí­fico


Catedrático de universidade da área de Matemática Aplicada da UDC e coordinador do grupo de investigación Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (M2NICA). As súas lí­ñas de investigación abranguen os ámbitos dos modelos matemáticos en enxeñaría e ciencias aplicadas, as ecuacións en derivada parciais, os métodos numéricos e a simulación numérica.

Minia Manteiga Outeiro

Vogal do Comité Científico


Catedrática de universidade na Área de Astronomía e Astrofísica da UDC. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2). As súas liñas de investigación céntranse na evolución estelar: poboacións estelares, fases tardías (nebulosas planetarias), aplicación de técnicas de intelixencia artificial á análise de arquivos astronómicos, Big Data en astronomía, espectroscopia óptica e infravermella e cinemática de nebulosas.

Berta Guijarro Berdiñas

Vogal do Comité Científico


Titular de universidade da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e coordinadora do grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos da UDC. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA). As súas liñas de investigación céntranse en sistemas baseados en coñecemento, metodoloxí­as de desenvolvemento e validación de sistemas baseados en coñecemento e aprendizaxe computacional: aplicacións e desenvolvemento de algoritmos de aprendizaxe Big Data Learning.

Juan Touriño Domínguez

Vogal do Comité Científico


Catedrático de universidade da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadoras da UDC. É coordinador do Grupo de Arquitectura de Computadoras (GAC). A súas liñas de investigación abranguen a computación de altas prestacións, a computación paralela e distribuída, a computación na nube (cloud computing) e big data e os sistemas de información xeográfica.