ÁREAS TECNOLÓXICAS


A actividade do CITIC organízase en tres áreas tecnolóxicas:


Centrada na xestión e a análise de datos e información. Nela desenvólvense solucións baseadas en sistemas de información, recuperación de información, sistemas de almacenamento de datos, xestión documental, sistemas de información xeográfica, estatística, modelos e métodos matemáticos e simulación, aprendizaxe máquina e BigData.

Comprende os aspectos da intelixencia do software e, por tanto, cobre un amplo espectro de técnicas de  Intelixencia Artificial centrándose nos sistemas baseados en coñecemento, sistemas intelixentes, sistemas recomendadores e visión artificial, así como na localización e monitorización de movementos.

Orientada ao hardware e á mellora dos aspectos funcionais do software. Nela impleméntanse solucións relacionadas coa computación de altas prestacións (HPC), a computación distribuída ou cloud computing, a computación gráfica, a sensórica, a localización e posicionamento, as comunicacións radio e sen cables, a informática móbil e, en xeral, IoT e ciberseguridade.