Big Data Coruña 2019

Do 21 de outubro de 2019 ás 09:00 ao 22 de outubro de 2019 ás 18:00
Sala Cloud del CITIC, Campus de Elviña

Tras o éxito de participación das pasadas edicións, neste 2019 celebrarase a quinta edición do evento internacional Big Data. Terá lugar no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, o 21 e 22 de outubro de 2019.

Big Data Coruña 2019 reunirá a expertos en tecnoloxía e analítica de datos de nivel internacional en dúas interesantes xornadas que profundarán nos novos retos aos que se enfronta esta disciplina na actualidade. Os seus contidos ademais de resultar de interese para a comunidade académica tamén serán atractivos para empresas e organizacións, pois actualmente Big Data é un dos campos que máis interese esperta, tanto pola súa aplicación como pola súa posta en valor nunha ampla variedade de ámbitos.

Big Data Coruña 2019 está organizado por Amparo Alonso-Betanzos, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial, Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e investigadora do CITIC; Bertha Guijarro, coordinadora do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos e investigadora del CITIC; e David Martínez, investigador da área Big Data da University College London (UCL) e Director da área de investigación de DataSpartan.

No evento colaboran a Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC e a Facultade de Informática dá Universidade da Coruña.

Inscricións ata o 18 de outubro de 2019 a través deste formulario.

PROGRAMA:

21 de outubro

09:00 h - 09:30 h Opening. Apertura xornadas - Sala Cloud del CITIC

  • Julio Abalde Alonso. Reitor da UDC
  • Manuel González Penedo. Director do CITIC
  • Amparo Alonso Betanzos. Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC

09:30 h - 10:30 h Paco Nathan: A survey of AutoML in research and industry (Derwen Consulting)

10:30 h - 11:30 h Eric Hantala: What Data Science Can Give You? (Viseo)

11:30 h - 12:00 h Coffee Break

12:00 h - 13:00 h Joao Gama: Evolving Social Networks: trajectories of communities (University Oporto)

13:00 h - 14:00 h Pegerto Fernández: Ubiquitous graph mining (OpenCredo)

14.00 h - 15:30 h Lunch

15:30 h - 18:30 h Paco Nathan. Curso: Natural Language Processing (I) (Derwen Consulting) - Aula 3.3 Facultade de Informática

15:30 h - 17:30 h Carlos Eiras y Brais Cancela Barizo. Curso de Spark (Grupo LIDIA. CITIC - UDC) - Aula 0.1 y 0.2 Facultade de Informática

22 de outubro

09:00 h - 10:00 h Dimitrios Anasathakis. Privacy preserving bandits (Brave Technology)

10:00 h - 11:00 h Joan Barceló. El caso Avoris (Barceló. Avoris Travel)

11:00 h - 11:30 h Coffee break

11:30 h - 12:30 h Paco Nathan: AI to augment Scholarly Infrastructure (Derwen Consulting)

12:30 h - 13:30 h Gavin Brown: Understanding the stability of feature selection algorithms (Manchester University)

13:30 h - 13:50 h Peche da xornada

  • Salvador Naya Fernández. Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC
  • Amparo Alonso Betanzos. Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC

13:50 h - 15:00 h Lunch

15:00 h - 18:00 h Paco Nathan. Curso: Natural Language Processing (II) (Derwen Consulting) - Aula 3.3 Facultade de Informática

 

 

CITIC